O pasado 24 de outubro, celebrábase como
tódolos anos, o Día das Bibliotecas Escolares. Este é un espazo indispensable
nos centros, e que, a día de hoxe , segue a ser unha peza moi importante no
proceso de aprendizaxe dos nosos cativos.
Como ben sabedes, debido a situación actual na
que nos atopamos, tivemos que adaptar o funcionamento da biblioteca. Seguimos
traballando para poder sacar a maior proveito deste recurso e comezar cos seus
servizos o antes posible.
Non quixemos quedarnos sen a conmemoración deste día, pese ás
circunstancias, e organizamos unha pequena exposición na aula. Cada alumno nos
presentou o seu libro favorito, proporcionándonos datos sobre o mesmo (tempo
que lle levou lelo, a quen llo recomendaría, dende cando o ten…), sorprendéndonos
moito cas súas respostas.
Velaquí tedes unha combinación de todos eles,
cun pequeno vídeo ao final.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.