Translate

luns, 7 de decembro de 2020

Merendas saudables e variadas

Como sabedes, estas semanas pasadas collemos o touro polos cornos e embarcámonos nunha aventura cuxo obxectivo principal é a alimentación saudable do noso alumnado.

Comprobamos nestes tempos que nos tocou vivir que a saúde é o máis importante de todo e, como todo, comeza cunha boa alimentación, variada e saudable. Para iso recollemos a batuta dos nosos compañeiros de Ed. Infantil e decidimos continuar co seu calendario de merendas semanal.

A acollida desta medida, por parte do noso alumnado, foi variada; dende a ilusión de seguir co que xa aprenderan ata a frustración de ter que asumir novos retos. Para isto é fundamental, o voso apoio xa que sen el non sería posible conseguir este obxectivo. Apoio polo cal estamos moi agradecidos, xa que 99% do alumnado seguiu rigorosamente o calendario.

Día de froita en 1º de Educación Primaria


Día de froita en 2º de Ed. Primaria

Día de lácteos en 1º de Ed. Primaria
Os alumnos de 3º de Primaria, pola súa parte estiveron traballando o tema na materia de Natural Science para conseguir que se vaian facendo conscientes dos importante que é a súa alimentación para manterse sans e sas.

3º de Primaria traballando a roda dos alimentos

Estamos seguros de que, se seguimos así, pronto conseguiremos que os nosos alumnos e profesorado fagan unhas merendas sas, variadas e nutritivas.

Deixámosvos aquí unha imaxe do calendario de merendas, por se o precisades consultar en algún momento.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.