Translate

sábado, 24 de outubro de 2020

Gears, belts and chains (4º curso)

O alumnado de 4º de Primaria experimentaron sobre a transmisión do movemento e as forzas nos mecanismos.

Con material de reciclaxe e unhas gomas, cada alumno e alumna puido probar distintas combinacións buscando transmitir o movemento ao maior número posible de tapóns.

Con esta actividade perseguimos espertar a súa curiosidade e gusto polas materias tecnolóxicas, así como incentivalos a afrontar contidos abstractos e extraer as súas propias conclusións, converténdoos así en protagonistas da súa propia aprendizaxe.

Deixámosvos unha foto dos resultados e un pequeno vídeo con algún dos mecanismos elaborados; que, aínda que sinxelos, lles bastaron para comprender mellor o contido a traballar.



Agardamos que vos gusten.

"Dimo, e esquecereino. Móstramo, e lembrareino. Involúcrame, e aprendereino" 

Confucio

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.