martes, 5 de maio de 2026
Ecosystems (4ºEP)
O alumnado de 4º de Educación Primaria levaron a cabo unha exposición promovida dende a materia de Natural Science na que puxeron en práctica a creatividade e o aprendizaxe. Ca axuda das súas familias, traballaron con entusiasmo na elaboración de distintas maquetas relacionadas cos contidos vistos na aula, demostrando non só a súa comprensión dos conceptos científicos, senón tamén a súa habilidade para expresalos de forma visual e práctica.
As maquetas, realizadas con materiais diversos e moita imaxinación, reflicten unha serie de diferentes ecosistemas que se atopan na natureza. Cada proxecto é unha mostra do esforzo, da colaboración e do interese do alumnado por aprender en dúas linguas, integrando o galego e o inglés dun xeito natural.
Esta actividade non só reforzou os coñecementos científicos, senón que tamén fomentou o creatividade, a autonomía e a capacidade de comunicación xa que tiveron que presentalas na clase. Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que pon en valor o potencial do noso alumnado.
Aquí tedes unha mostra dos resultados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.