Por fin temos a carteleira do cine que será o noso cole este curso e, como gran estreo, escollimos o "O ladrón de follas"; unha historia entrañable que desvela un gran misterio que está a acontecer nos bosques.
A través del, o outono chegou ás nosas aulas cheo de cores, contos e moita creatividade!
Os nenos e nenas de 1.º ciclo de Educación Primaria déronlle a benvida a esta fermosa estación elaborando un espectacular mural colaborativo. Inspirándose na divertida historia do libro O ladrón de follas, os pequenos artistas uniron as súas forzas para darlle vida á esquío protagonista e ao seu contorno boscoso.
Traballando en equipo e dándolle renda solta á súa imaxinación, pintaron o gran fondo con témperas empregando os tons cálidos característicos desta época. O toque máis especial chegou ao final: o alumando saíu ao xardín do colexio para recoller pequenas follas de abeto, as cales pegaron coidadosamente para decorar a tupida cola do esquío.
O resultado é un mural xenial que non só decora o noso centro, senón que serviu para aprender a traballar en equipo, conectar coa natureza e gozar do pracer da lectura. Menudos artistas temos no cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.