Translate

domingo, 30 de xaneiro de 2022

O primeiro Nadal en Primaria

 A clase de 1º de Ed. Primaria viviu con especial ilusión o seu primeiro Nadal nesta etapa educativa. Levaron a cabo moitas actividades  motivadoras centradas nesta época do ano.

Na materia de plástica elaboraron un precioso reno para colgar na súa árbore utilizando paus  depresores. Esta actividade fíxolles especial ilusión porque sempre están a pedir facer cousas para levar a casa e poder ensinarlle ás súas familias o seu traballo no centro.

Proceso e resultado dos renos

Na materia de inglés elaboraron,  do mesmo xeito que o resto da etapa, unha postal para levar a casa pensada para poder reforzar o vocabulario traballado en clase e consígnalas orais que están a traballar na materia. Deste xeito aprenderán a ver o inglés como unha lingua máis coa que comunicarse. Estiveron moi orgullosos do seu traballo xa que demostraron moita autonomía e capacidade de organización para levar a cabo a tarefa, como podedes apreciar neste curto vídeo.


Aquí podedes ver pequenos momentos da actividade

Aquí ensinan as súas producións diante da porta decorada por eles e elas.

Na materia de  Lingua  Galega elaboraron un taller de decoración de lapis e un debuxo para adornar o corredor da súa planta.

Obradoiro de lápices decorados

No mural tamén podemos apreciar traballos do noso alumnado de 2º de E.P.

Iso si, o día máis especial para eles e elas foi o último día. Xa lles fixo ilusión chegar e atoparse con que, por un día, a disposición da clase cambiara. Xa que, debido á situación actual, os agrupamentos teñen que estar moi limitados. O feito de non necesitar por un día mirar á lousa permitiulles gozar da xornada de convivencia mirando a todos os seus compañeiros e compañeiras.


Tamén estaban moi ilusionados e nerviosos á hora de facer esta sorpresa para as súas familias. Un baile do Nadal para celebrar estas festas.

E tantos nervios deixáronos bloqueados cando viron aparecer pola porta a Papá Noel, a sorpresa puido coas súas ganas de falar e practicamente só podían achegarse a Papá Noel a recoller un  regalito da súa parte segundo íanos chamando.

Mirando abraiadamente a Papá Noel

Unha vez no patio, tras unhas carreiras e xa coa súa desenvoltura habitual ensínanvos os  Ugly  jumpers cos que viñeron vestidos, do mesmo xeito que o resto da etapa para celebrar esta nova tradición.


O resto da mañá transcorreu con varias actividades máis relaxantes pero igual de ben acollidas pola súa banda.

Merendaron con chocolate por un día...

Desfrutando desa merienda tan especial

Fixeron un gorro de axudante de Papá Noel que quedaba que nin pintado...

Colorearon debuxos do Nadal...

E por último, xogaron coa luz. Si, coa luz!

Xogando con distintos materiais na mesa de luz, cada un na súa zona

E, coma sempre, respectando as quendas

Este tipo de actividades coa mesa de luz é ideal para aprender a relaxarse xa que  levanse a cabo en ambientes en penumbra e axúdanlles a mellorar a súa concentración grazas a que son actividades  manipulativas e a que a intensidade das cores na penumbra converte calquera actividade para eles nun momento case máxico.

Esperamos que vos gustaran as actividades que levamos a cabo; pero o realmente importante é que ao noso alumnado encantáronlles.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.