Translate

xoves, 27 de xaneiro de 2022

Nadal en 2º de E.P

 Este ano a clase de 2º de E. P fixeron moitas actividades para celebrar o Nadal.

Na clase de Plástica, fixeron un marco de fotos moi invernal utilizando paus  depresores e goma  eva. As fotos dos mesmos foron  pixeladas por cuestións de anonimato das familias, pero non  desmerecen en absoluto o traballo do noso alumnado que se esforzou moito para poder regalarlle ás súas familias un recordo que gardarán durante moito tempo.




Na clase de Inglés, elaboraron un postal do Nadal utilizando a técnica do  fingertip  painting que consiste en pintar usando as pegadas dixitais e adornalas con liñas simples para transformalas noutra cousa; neste caso, Papá Noel, o trineo e os seus renos, sen esquecerse nin do nariz de  Rudolph.





Tamén foron, xunto con 1º de E. P, unha das clases encargadas da decoración da entrada do cole durante as festas. Unha responsabilidade que acolleron moi ben e co ánimo de esforzarse no seu labor. E o resultado podedes xulgalos vós mesmos. 


 O último día de clase, os libros deixaron oco para moitas actividades e sorpresas. Entre elas: unha sesión de cinema, unha visita inesperada de Papá Noel (que non traía as mans baleiras), unha merenda  achocolatada... Todo iso marabillosamente vestidos cos seus  Ugly  jumpers, tradición recollida este ano para o último día de clase que tamén foi traballado na materia de Inglés.

Papá Noel dándolle lambetadas ao noso alumnado

Chocolate!!!


Xogos!

O noso alumnado lucindo unhas coroas moi festivas

Happy Ugly Jumper Day!!

Convivencia e diversión para o último día de cole antes do tan merecido descanso do Nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.