Translate

martes, 11 de xaneiro de 2022

Hixiene bucodental para o noso alumnado

Antes das vacacións de Nadal recibimos a visita dunha amabilísima doutora, que ensinou os cursos de 1º e 2º de E.P. como debe levarse a cabo un bo👌 cepillado. Como vedes, durante a charla os nen@s estiveron moi atentos e fixeron múltiples preguntas. 



Ademais, a doutora sorprendeunos cuns agasallos!


E en sinal de agradecemento polos seus consellos sobre como coidar os dentes, e a lingua, que tamén é importante, os nenos e as nenas de 1º e 2º de E.P fixéronlle uns debuxos que podedes ver a continuación:







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.