Translate

mércores, 8 de decembro de 2021

Os viruses (6º E.P.)

 O grupo de Sexto de Educación Primaria, finalizou o tema de Natural Science "Living beings: cells and functions" cunha exposición a cal queren adicar as súas familias e persoas que vexan o video.

Nesta exposición por equipos e seguindo todas as normas do protocolo de proteción da covid foron quen de ampliar os coñecementos da unidade utilizando técnicas de traballo cooperativo para a sección de "Apply your skills!" Onde aprenderon a diferenciar o que é una bacteria e un virus.

Este pequeno vídeo é unha pequena mostra de traballo en equipo que reflexa moito esforzo, toma de decisións e responsabilidades. Foi unha xornada na que aprenderon a pedir axuda e antepuxeronse ás dificultades, contaxiándose o entusiasmo pola tarea e traballando para lograr conseguir un obxectivo en común, antepoñendo o grupo aos intereses persoais, desenvolvendo as súas habilidades sociais e traballando flexiblemente para adecuarse ao ritmo de todos os compañeiros e compañeiras. Unha actividade na que ningún era máis que outro e que todos traballaban conxuntamente ca mesma finalidade, aprender a aprender.

Noraboa clase!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.