Translate

domingo, 16 de xaneiro de 2022

O noso Nadal (3º E.P)

 Este ano, a pesar de non poder volver facer o noso tradicional festival, realizamos moitísimas actividades divertidas na nosa clase de 3º de Primaria. Como xa non somos os pequenos da etapa estas actividades foron diferentes pero ao mesmo tempo moi divertidas. Decoramos a nosa porta, escribimos poesías e fixemos debuxos. 

En Plástica fixemos un adorno para a árbore con paus  depresores que nos quedou  superchulo.



En clase de inglés fixemos unha postal e preparamos unha panxoliña para cantarlle, nin máis nin menos que a Papá Noel! Que responsabilidade! O último día de clase sorprendeunos coa súa visita e nós sorprendémoslle a el co noso  Christmas  Carol. Iso si... custábanos controlar os nosos nervios pero saíunos fenomenal.

Christmas Carol para Papá Noel

Pinchade nesta ligazón para poder ver a actuación ante Papá Noel.

Debeulle gustar a canción porque regalounos unha lambetada.


Aquí podedes ver como quedaron as nosas postais

Este ano, tamén coñecemos o  Ugly  jumper  Day que, aínda que este ano celebrábase o 17 de decembro, nós reservámolo para o último día de clase. Estabamos  super elegantes cos nosos xerseis!

Tamén o último día de clase a  profe  Celsa sorprendeunos cunha película e con deunos chocolate para acompañar a merenda.

Como podedes ver nas fotos e neste vídeo pasámolo xenial! Pinchade ahí!

Nadal en 3º E.P

Ningún comentario: