Translate

xoves, 4 de febreiro de 2021

Lapbook da Unión Europea (6º Ed. Primaria)

Desde o inicio da 2ª avaliación, o alumnado de 6º de Primaria, estiveron facendo un lapbook da Unión Europea en Ciencias Sociais. Memorizar non é aprender o que pon un libro, por iso, buscamos estratexias para transmitir esa información e que ao mesmo tempo, os rapaces adquiran habilidades e capacidades básicas para realizar proxectos que desenvolvan o seu pensamento crítico e creativo. Ademais, cabe destacar outros beneficios desta actividade: fomenta a motivación e a concentración xa que manteñen o interese do tema durante días, adquiren mellor o aprendido, potencia a autoestima e a confianza debido ao tempo e esforzo que dedican a un proxecto… No vídeo e a foto, son un pequeno exemplo do seu traballo en clase. Espero que o desfrutedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.