Translate

domingo, 21 de febreiro de 2021

O amor comeza cara un mesmo

O día de San Valentín pode significar na aula un bo momento para traballar temas transversais do currículo, como poden ser o amor e a amizade. Gústanos facer este tipo de actividades co noso alumnado porque non só son importantes as capacidades cognitivas ou intelectuais, senón tamén as súas capacidades afectivas, de relación interpersoal e de inserción e actuación social. 
Esta actividade traballa ao redor do autoconcepto e a autoestima, pilar fundamental da maduración e condicionante de todas a s súas interaccións sociais. Un neno ou unha nena seguro de si mesmo e consciente do seu valor como persoa establecerá sempre boas relacións sociais e mesmo axudará a afianzar a seguridade do seu grupo-clase.
Sempre a familia e o amor son temas moi atraentes para os nenos desta idade pois conforman o primeiro contacto co mundo e sempre se pode captar a súa atención aos introducilos na aula. 
A finalidade desta dinámica é que o alumnado comprenda a importancia de quererse a un mesmo, da amizade e o amor, e non só esta, senón que tamén reflexionen, identifiquen e lle dean valor a aquelas cousas que lle aportan seguridade e amor e que conforma o "mapa do seu corazón". E ao mesmo tempo dámoslle a oportunidade de traballar a súa creatividade e a respectar as distintas expresións artísticas dos seus compañeiros e compañeiras.
Tamén nos gusta e nos alegra saber que algún dos nosos alumnos e alumnas reserva una anaquiño do seu corazón para incluirnos; xa que eles sempre nos rouban un anaquiño do noso.
 

Ningún comentario: