Translate

xoves, 15 de outubro de 2020

Hidrografía e sistemas montañosos (6º E.P)

Amosámosvos agora outra das actividades que está a realizar o noso alumnado de 6º de Primaria, unha maqueta  dos principais ríos  e sistemas montañosos españois.

Os materiais que utilizamos para a súa realización son: témpera azul, mapa físico de España, cartón, plastilina de varias cores (azul, verde e marrón), papel de prata, escarvadentes de cores e etiquetas para situar os ríos e os principais sistemas montañosos.

1. Bordeamos o modelo do mapa sobre o cartón e o enchemos con plastilina.

2. Coloreamos con témpera azul as masa de auga.

 




3. Realizamos a canle dos ríos con papel de prata.
4. Escribimos os nomes dos principais ríos e sistemas montañosos nas etiquetas, e pegadas aos escarvadentes, as colocamos nos sitios correspondentes.





 






Aquí tedes o marabilloso resultado!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.