O alumnado de 3º de EP, dentro da materia de Proxecto Competencial, estiveron lendo e informándose da historia dos xoguetes. Durante uns días o tema de conversa eran os xogos dos seus pais, nais incluido tamén avós e avoas e durante unha xornada puideron traer a clase algúns dos exemplos mencionados ese día; aoredor de ocas e tabolerios de parchis, cartóns de bingo e réplicas de coches gardadas con agarimo todos estes anos foron xordindo anécdotas e historias. Fai pensar naqueles tempos nos que a tecnoloxía non invadía todos os aspectos da vida actual e dan ganas de volver a xogar coma antes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.