Translate

domingo, 2 de xuño de 2024

Letras Galegas nas aulas de Primaria

 Este ano, o  Día das letras galegas estivo dedicado a Lucia Villalta, escritora, filóloga e violinista coruñesa. 

O alumnado de educación primaria  traballou sobre a súa vida e as súas obras previamente de facer numerosas actividades que a continuación mostraremos para ensalzar a beleza da nosa lingua, para o cal adoptamos a idea de "deseñar" prendas de roupa para poder "Vestirnos de Galego"

No primeiro ciclo, elaboraron uns murais en forma de sudadoiros. En 1º E.P, optaron por representar refráns típicos da nosa terra ao seu estilo.

En 2º E.P representaron, cunha sílaba en cada sudadorio, o lema FALA GALEGO (tamén decorados con estilos libre e palabras galegas que lles pareceran fermosas)

No caso de 3° E.P, fixeron uns murais con forma de mandil, no que que escribiron o himno galego, noutro pintaron a bandeira e noutro o escudo de Galicia. En todos eles ademáis de pintalos con estilos libres, escribiron palabras bonitas e típicas galegas.  Por outro lado, en clase traballaron en ambos cursos, unha pequena biografía de Luisa Villalta con exercicios de comprensión lectora.

 Os alumnos de 4° de Primaria decoraron un mandil con palabras galegas para vestirse en galego.

 O alumnado de 5º E.Primaria veron un pequeno documental na clase para coñecer a biografía de Lucia Villalta e fixeron uns exercicios de comprensión lectora.

Outra actividade que fixeron, nesta vez na biblioteca,  foi a de búsqueda de información en pequenos grupos que ían completando para levar a cabo uns cubos.

Tamén en equipos, deseñaron uns muráis en formas de gorras onde aparecían escritas frases feitas en galego fomentando así o seu uso e a creatividade.

 Este tipo de actividades gústalles moito e danos a posibilidade de fomentar o traballo en equipo, de coordinarse adecuadamente para levar a cabo un bo traballo.

 


Os alumnos de 6° de Primaria decoraron unas gorras con palabras galegas que lles chamaba a atención ou lle gustaban.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.