Translate

mércores, 2 de marzo de 2022

Entroido 2022 en 1º e 2º de E.P.

 O entroido é unha das datas que o alumnado de 1º e 2º de Primaria viven con especial ilusión. Para eles o feito de elaborar o seu disfrace en clase e de ver o resultado final do seu traballo é moi gratificante e máis cando a familia sorpréndese dos resultados que se poden conseguir cun pouco de agarimo e esforzo pola súa banda e, está claro, un pouquiño de axuda por parte da  profe.

O importante é que con este tipo de actividades lúdicas trabállanse múltiples habilidades; como o pensamento avanzado xa que teñen que planificar o seu traballo para obter un obxectivo determinado nunha data determinada, o traballo en grupo xa que para levar a cabo este tipo de actividades necesitamos, como docentes, gozar de certo ambiente na aula que posibilite dedicarlle tempo exclusivo a un alumno ou alumna sen que o grupo vexa afectado o seu ritmo de traballo ou resolución de problemas e capacidade de adaptación para resolver aquelas pequenas dificultades que poidan xurdir durante a elaboración do seu traxe... Unha infinidade de habilidades sociais e de aprendizaxe ven favorecidas con este tipo de actividades, por non falar do seu alto poder  motivador.

Deixámosvos aquí algunhas instantáneas,  podedes atopar máis na web.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.