Translate

martes, 1 de marzo de 2022

Disfraces e máscaras venecianas de 3º de E.P

Como vistes na web, este ano o entroido virou ao redor dos proxectos. Os nenos e nenas de 3º de Primaria elaboraron o seu disfrace inspirándose en Italia, e se hai algo que todo o mundo adora de Italia é... A pizza! Iso si, nunca vimos pizzas máis bonitas que estas. Aquí védelos co seu traballo.






Tamén é mundialmente coñecido o Entroido  Veneciano, co que non podía faltar no proxecto unha referencia a este polo que na materia de Plástica elaboraron unha máscara veneciana; podedes velas aquí; iso si... nesta ocasión está difícil pescudar quen se oculta tras elas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.