Translate

domingo, 13 de marzo de 2022

Día de Rosalía 2022

 O 23 de febreiro de 1843 nacía Rosalía de Castro.

Por este motivo, o alumnado de 6º de E.P. festexou o día de Rosalía  dunha  maneira  especial e moi agardada por eles; xa que era a culminación dunha actividade que comezaron aló polo mes de septembro.  Dende o  primeiro día de curso  adicáronlle un  anaco da clase de  lingua para  ler un poema  do libro de cantares galegos, tratar de  encontrarlle un  novo sentido e  imaxinar ou que  ela quería expresar  nese momento. O 23 de  febreiro cada  neno e nena  escribiu en  papeis de  cores a frase  ou verso que  máis  lle  gustou de todo o libro e todas estas  pequenas  mostras poéticas  foron colocadas  ao redor  dun retrato que  fixeron no que quixeron plasmar a mestura  dunha Rosalía realista e a artística. Dito traballo colgouse na biblioteca do centro.



Doutra banda, xa cos traballos expostos, os nenos de 1º e 2º de E. P. puideron gozar dun fantástico contacontos en que o noso alumnado convertíase nun protagonista máis de historias tan coñecidas como os tres  cerditos, ou os sete  cabritos. 

Unha xornada para desfrutar do pracer da letura e de contar historias.


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.