Translate

domingo, 23 de xaneiro de 2022

Actividades de Nadal en 4º de E.P

 Este ano, xa que non podemos facer o festival de Nadal como outros anos, estivemos facendo diferentes actividades do Nadal durante a última semana do trimestre.

Na clase de Plástica, elaboramos un adorno para a árbore de casa con paus  depresores que, curiosamente, tamén era unha árbore de nadal.



Mirade que adorno para árbore tan chulo

Na clase de Inglés, elaboramos unhas tarxetas para felicitar as festas co lema usando botóns e pegamento de  purpurina. Foi un pouco complicado porque tivemos que seguir as instrucións en inglés, pero ao final quedáronnos moi chulas como podedes ver.


Así quedaron as nosas postais

Tamén fixemos un taller de manualidades no que a  profe Iris explicounos como personalizar un lapis para facelo máis do Nadal e fixemos ou adorno para decorar a clase que logo nos levamos para colgar da porta da nosa habitación. Papa Noel non pode deixar dentro  chuches, pero a nosa porta quedará xenial.

As nosas manualidades navideñas


O último día de clase foi moi especial, porque a  profe Iris tíñanos preparadas unhas actividades dixitais e estivemos na sala de computadores xogando e atopounos alí Papá Noel que veu saudarnos e a traernos un caramelo,; iso si, precintado, polo si ou polo non. Ademais iamos todos vestidos con xerseis do Nadal; uns feitos en casa e outros comprados... pero todos eles moi chulos e divertidos!


A que molan os nosos xerseis!

Papá Noel pillounos na aula de informática

Despois fomos a clase a  merendar, e tiñamos merenda especial; tomamos un chocolate acompañado do que quixemos levar... churros, amorodos, galletas...

Encántannos os días especiais!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.