Translate

domingo, 7 de marzo de 2021

Food Chains (5º Primaria)

 Os alumnos e alumnas de 5º de educación primaria están a traballar na materia de Natural Science as cadeas tróficas presentes nos ecosistemas. Co fin de acercar dito contido ás aulas de maneira manipulativa para facilitar a súa interiorización, fixeron, con materiais reciclables, ditas cadeas de alimentación ("food chain”)

Debido a situación que estamos vivindo, cadaquén fixo a súa parte individualmente e unírono para obter un resultado en común. Coma calquera metodoloxía cooperativa require, o traballo individual incide directamente no resultado do grupo polo que cada membro debe dar o seu mellor traballo para obter un resultado satisfactorio para todo o grupo. Desta maneira traballamos habilidades sociais e de cooperación que van máis aló que a mera adquisición de contidos.

Para levar a cabo esta tarefa tiveron que representar en cada vaso un produtor, un consumidor e un descompoñedor, e encaixalos de xeito que representen as relacións tróficas existentes entre eles; polo que tiveron que activar a súa imaxinación e creatividade e aprender as características de cada elemento para a súa posterior exposición grupal.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.