Translate

xoves, 8 de outubro de 2020

Benvidos e hidrografía de España (6º Primaria)

 

Benvidos e benvidas ao noso recentemente estreado blog de primaria!

Aquí mostrarémosvos a nosa vida dentro desta "normalidade" que vivimos agora.

E non hai mellor maneira de empezar que co noso alumnado senior, o curso de 6º de Educación Primaria, que está a realizar varias actividades relacionadas co relevo e a hidrografía de España.

Ao longo destas semanas, levaranse a cabo diferentes actividades tales come: un quebracabezas das Comunidades Autónomas ou unha maqueta sobre esta temática. Con isto pretendemos que o noso alumnado desenvolva, comprenda e asimile contidos a partir de experiencias lúdicas.

Aquí tedes o proceso da primeira das actividades, o quebracabezas plastificado das Comunidades Autónomas.

Bo traballo rapazada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.