Translate

luns, 6 de febreiro de 2023

Unha mamá para Owen (2º Primaria)

 Queremos amosarvos os nosos debuxos sobre o conto "Una mamá para Owen".

Contamos este conto sobre un hipopótamo que queda orfo tras un tsunami que atopa apoio e acougo xunto unha tortuga macho chamada Mzee que ten nada menos que 130 anos.

Este conto está inspirado na historia real de Owen que foi rescatado polo Kenya Wildlife Service e un grupo de pescadores que o atoparon no río Sabaki tras un tsunami. As crías de hipopótamos son coidadas polas nais ata os 4 anos, e Owen só tiña un ano de vida. Por este motivo, foi trasladado a Haller Park, unha reserva natural nas contornas de Mombasa. Alí atopou a unha tortuga macho chamada Mzee ao que considerou a súa nai, e a Mzee non pareceu importarlle que a súa nova cría fora un hipopótamo.

Fálanos sobre o respeto, a empatía, a necesidade de axuda e amor... e moitas veces os animais danos leccións moi importantes. Sé queredes coñecer máis a súa historia deixámosvos aquí unha ligazón.

http://news.bbc.co.uk/2/hi/africa/4152447.stm

Agardamos que vos gusten os nosos debuxos e como non ídes poder velos ata que levemos o block ao final do curso, amosámolosvos aquí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.