Translate

luns, 23 de xaneiro de 2023

Nadal nas aulas


Como vos prometiamos hai pouco pola web, aquí tedes aquelas actividades que se desenvolveu nas aulas durante o mes de decembro. Xa sexan como preparativo da actuación do festival, de decoración ou de detalle para casa está claro que todas son super motivadoras para o alumnado. Xa que, por norma xeral, adoran estas festas.
Así que aquí deixámosvos unha mostra do desenvolvido en clase durante eses días.

Comezando ca decoración da porta do cole. Este ano convertímola nunca casa de xenxibre entre todos... o alumnado pintou maravillosamente todas as lambetadas, e o profesorado fixo o que mellor podía para montar a casiña que decorou a nosa porta durante todo o mes de decembro. Qué sorpresa levaron cando a atoparon dun día para outro! Só pode ser gracias a maxia do Nadal! E a metros e metros de cinta adhesiva...

A nosa casiña de xenxibre

Alumnado de 5º de Ed. Primaria
E xa que estabamos dentro dunha casa de xenxibre, este ano empeñámonos en deixarlle a Papá Noel un platiño con leite e galletas. O resultado xa o tedes na casa, pero deixámosvos aquí fotos do proceso de elaboración.

Alumnos e alumnas de 2º de E.P cas súas galletas

Alumnado de 1º de E.P. facendo as súas galletas con plastelina.



Alumnos e alumnas de 2º de E.P cas súas galletas para Papá Noel.

Tampouco se quedaron atrás os adornos caseiros para a árbore, nin as postais de felicitación. Aquí podedes ver, os elaborados polo alumnado de 4º e 5º de E.P. Así coma as nosas tradicionais portas decoradas.

5º de E.P cos seus adornos

Alumnado de 4º amosando as súas postais e/ou o seu adorno


Postais elaboradas polos alumnos e alumnas de 5º de E.P.

Alumnado de 2º de E.P. preparando a súa porta de clase, onde colgan os seus adornos para a árbore relacionados co proxecto das abellas.

Alumnos e alumnas de 4º de E.P elaborando os pingüíns que adornarían a súa porta durante as festas.

E por suposto, sen esquecerse dos preparativos de vestiario e decorados para a actuación do festival. 
Alumnos e alumnas de 4º cas súas campás

3º e 4º de E.P no festival

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P durante a festa

Alumnado de 5º de E.P. elaborando os decorados da obra de teatro.

Proba de vestiario e maquillaxe

O backstage dos actores antes da actuación.

Alumnado e profesorado de 2º de E.P vestidos de renos.

Diferentes momentos durante o festival: o maravilloso público, presentador e presentadora, o mellor Grinch que vimos xamáis, e o empacho que levou Papá Noel con tanta galleta.

E por suposto, ao final da xornada... a esperadísima visita de Papá Noel! En definitiva, tempo de Nadal, tempo de festexar. Festexar que podemos estar xuntos de novo e que, pouco a pouco, agora sí, volvemos a normalidade.

Papá Noel durante a visita ao alumando nas aulas.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.