Translate

martes, 5 de abril de 2022

Cultivamos as nosas propias legumes

 Hello!

Este trimestre na asignatura de Natural Science comezamos uns dos temas favoritos dos nenos e nenas: as plantas! 🌱🌿🍃

Por iso decidimos plantar as nosas propias legumes co típico experimento da maceta-iogur. O primeiro que o alumnado de 1º e 2º tivo que facer, foi meter unhas boliñas de algodón no vasiño de iogur ben limpo e despois humedecelo cunha pouca auga.




Alumnado de 2º E.P. preparando as súas macetas






Alumnado de 1º E.P. preparando as súas macetas


Despois botamos as sementes elixidas por cada curso, en 1º lentellas, e en 2º fabas. E volvemos a tapar con máis algodón e a regar un chisquiño.


Mentres agardabamos a que as nosas legumes comezasen a botar raíces, fixemos un traballiño sobre o crecemento das plantas e as súas partes, como nos amosan os nen@s de 1º:



Tras moita paciencia e moito agarimo, comezamos a ver resultados!!!







A teacher tamén quixo participar plantando a súas propias lentellas



E finalmente, cando xa tiñamos o talo e as follas, transplantámolas con terra para poder levalas a casa e seguir coidando delas!














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.