Translate

martes, 2 de decembro de 2025

Para días grises... (1ºEP)

 A segmentación do brazo é un dos prerrequisitos imprescindibles para a escritura. Esto refírese á coordinación dos movementos das diferentes articulacións do brazo e a man (ombreiro, cóbado, boneca e dedos) para controlar a escritura. Para desenvolvela, débense realizar exercicios de motricidade grosa e fina, xa que un brazo coordinado permite que a man se deslice con precisión e fluidez, reducindo o cansazo.

Unha actividade que sempre lle gusta os pequenos é pintar murais xa sexan na parede, no encerado ou, coma neste caso, as fiestras. Os nenos e nenas de 1º de Primaria dicidiron poñerlle unha cor de alegría as súas ventás tendo en conta que, ca chegada do outono implica días máis escuros e grises.

Podedes ver aquí como, pouco a pouco, fixeron da nosa clase un rinconciño onde a alegría esta sempre presente, aínda que fora chova por milleiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.