Translate

luns, 4 de novembro de 2024

Terroríficamente Científicos

Co motivo da celebración do Samaín, levamos a cabo dúas actividades científicas no laboratorio. Queredes velas?

1º e 2º “Pantasmas espumosas”

Como unha forma de achegarnos as reaccións químicas, nos primeiros cursos de educación primaria fixemos este esperimento para crear pantasmas espumosas empregando xabón líquido, auga, colorante alimentario, vinagre e bicarbonato sódico.

O noso alumnado debuxou nos vasos as caras das pantasmas e a continuación desencadeamos a reacción química na que o ácedo do binagre combínase co bicarbonato sódico para formar unha sal, e auga. Neste proceso libérase dióxido de carbono, que o gas encargado de facer que observemos unha efervescencia nos vasos e a produción de espuma nas nosas pantasmas.

Todos estaban de acordó en que por ese motivo, as pantasmas estaban anoxadas.

 Tamén experimentamos se ese gas é quen de inchar un globo. E sí que o consegue!

 O que está claro é que a ciencia pode ser moi divertida!


3º E 4º: “Mensaxes pantasmais”

Hoxe en día temos moitas formas de comunicarnos e ferramentas para a comunicación escrita (bolígrafos, lápiz…), pero non sempre foi así. Con motivo da celebración do Samaín, experimentamos cómo poden deixar mensaxes ocultas os pantasmas empregando zume de limón.

O noso alumnado coa axuda dun bastonciño para os oídos, escribiu e debuxou unha mensaxe de terror, o un debuxo  pantasmal, mollandoo en zume de limón. Aínda que non se ve o que se escribe, podemos descifrar esas mensaxes segredas dos pantasmas empregando unha vela que desencadea a reacción química da pirólese do ácedo cítrico do zume.

Cando o achegamos a unha fonte de calor, neste caso unha vela, xeramos unha reacción química de carbonización. A parte que ten o acedo cítrico do zume de limón se oxida deixando unha substancia de cor marrón. E é que o ácido se descompón coa temperatura transformándose noutros produtos, entre eles o carbón, que dá este aspecto marrón que revela as nosas mensaxes.

Curioso verdade? Esta forma segreda de comunicación foi empregada durante a guerra mundial, por exemplo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.