Translate

sábado, 14 de outubro de 2023

Educación para a saúde na Educación Primaria

 Como sabedes unha das funcións da escola é educar na saúde, esto é un proceso de educación e de participación do alumnado, o profesorado e as familias, co fin de que o noso alumnado adquira os coñecementos, as actitudes e os hábitos básicos para a promoción e defensa da súa saúde individual e promova e facilite unha saúde colectiva. 

Un dos pilares básicos da educación para a saúde no noso centro é o calendario de merendas. Estamos a observar nestes primeiros meses que, non se respecta ou que os nenos e nenas traen cantidades excesivas que non se corresponden cunha merenda de media mañá. Tamén nos decatamos que moitas familias seguen a incluir chocolate en moitas merendas ou o venres, alimento que polo seu gran contido de azúcar e o feito de que non lavan os dentes despois de merendar, pode provocar problemas dentais.

Polo tanto, queremos recordarvos a importancia de traer unha merenda adecuada, tanto en cantidade como en calidade, para que o noso alumnado vai avanzando e sendo cada vez máis consciente de que somos o que comemos e que debemos alimentarnos ben para gozar dunha boa saúde.

Tamén moi importante, acudir con auga suficiente ao cole para pasar a mañá ben hidratados, xa que o primeiro síntoma de non beber o suficiente é a fatiga, a falta de concentración e incluso a dor de cabeza. E máis nestos días que está a facer un calor inusitado no mes de outubro.

Deixámosvos aquí unha imaxe do horario de merendas con maior calidade que o que podemos publicar no lateral, que seguirá a estar aí dispoñible para todos os membros da comunidade esucativa e para que nun momento de dúbida o podades consultar.

Grazas as familias que colaboran con estas recomendacións, e ás familias que non o fan animámosvos a probar, xa que ca axuda de todos o mellor que podemos gañar é unha alimentación máis saludable e variada para o noso alumnado.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.