Translate

luns, 28 de novembro de 2022

Magosto nas aulas

 Non vaides a pensar que as actividades do Magosto limitáronse ás feitas na excursión. Dita conmemoración tamén tivo o seu espazo nas aulas. Poemas, xogos de lapelas de adiviñas, carteis... todas estas actividades ademáis de achegar ao alumnado á esta tradición axudalles na súa expresión escrita e desenvolven o seu gusto pola lingua escrita como medio de expresión artística e cultural.

Todas elas adornan os nosos corredores. Deixámosvos aquí unha pequeniña mostra.

Seguro que todos puidestes ver o mural que fixemos con elementos naturais propiios desta época, pero se non é así podedes desfrutalo aquí.


Alumnado de 4º de E.P facendo tarefas sobre o Magosto



Alumnado de 2º de E.P. elaborando un mural de lapelas con adiviñas sobre o tema.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.