domingo, 24 de maio de 2026
Benvidos Amigos! ( 3º EP colaboración con AFAGA)
O día venres 22 de maio de 2026, no salón de usos multiples do centro, recibimnos a visita dalgúns usuarios do Centro de día de AFAGA de Vigo, que participaron xunto á maior parte do alumnado de 3º no proxecto de aprendizaxe-servizo "Explorar(se) en común".
O obxectivo do encontro foi poñer peche ao citado proxecto a través dun encontro físcio entre os participantes, tras semanas de intercambio de correspondencia. Durante o encontro o noso alumnado deulleón es a benvida e presentaronse con aquelas persoas que estiveron a manter a súa correspondencia e lles ensinaron uns libros-acordeón que recollían as mensaxes e diálogos que se produciron entre eles. Despois dun pequeno tentempié os nenos e nenas de 3º lles entregaron un agasallo que fixeran para eles, un pequeno marco e un debuxo.
Este tipo de actividades son moi beneficiosas para ambos colectivos xa que a través desta correspondencia, os nenos e nenas desenvolven a súa expresión oral e escrita, a empatía e o respecto cara ás persoas maiores, ao tempo que aprenden valores como a solidariedade e a importancia das relacións interxeracionais. Para os usuarios de AFAGA, recibir e compartir cartas favorece a estimulación da memoria, da comunicación e das emocións positivas, creando momentos de ilusión e conexión social.
Ademáis disto, a visita ao colexio reforza os vínculos creados previamente, facendo que a experiencia sexa máis próxima e significativa. Trátase dunha actividade educativa e humana que fomenta a inclusión, o afecto e a aprendizaxe mutua.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.